Proxecto FP 2024-26
Climatización intelixente e sostible.
HodeiClima 4.0 conecta tres centros de Formación Profesional con empresas líderes no sector para formar aos profesionais HVAC do futuro

3
Centros de FP
en tres comunidades
2
Empresas
BEROA · Futurasmus
100+
Alumnos
ao longo do proxecto
24
Meses
de duración do proxecto
O proxecto
O proxecto Hodei Clima 4.0 foi premiado na convocatoria de axudas convocada na resolución da Secretaría Xeral de Formación Profesional de data 29 de agosto de 2023, pola que se convocan axudas destinadas á realización de proxectos de innovación e investigación aplicadas e transferencia do coñecemento na Formación Profesional no ano 2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia — Financiado pola Unión Europea — NextGenerationEU.
Este proxecto está coordinado polo CIFP Politècnic de Llevant en Manacor (Illas Baleares), e nel colaboran o CIP Virgen del Camino de Pamplona-Iruña (Navarra) e o CIFP Universidade Laboral de Culleredo (A Coruña). Tamén participan as empresas Beroa, S.L. e Futurasmus, S.L.
O proxecto ten como obxectivo integrar un sistema de climatización avanzado en dous sistemas de automatización complementarios. A través dun estudo baseado nunha base de datos, avaliarase a viabilidade do proxecto en termos medioambientais, de confort e económicos, considerando o mantemento preventivo, preditivo e correctivo. O proxecto involucra a adaptación do sistema de climatización ás necesidades específicas de cada centro, utilizando sensores fabricados polos estudantes e dispositivos comerciais asesorados polas empresas colaboradoras.
Ademais, implementarase un sistema de monitorización que combinará o sistema propietario KNX e o sistema libre baseado en ESP32, Node-RED e MQTT. Este proxecto busca formar ao alumnado na industria 4.0, fomentar a colaboración entre centros educativos e empresas, e contribuír á mellora da eficiencia enerxética no sector.
Pero, ademais, Hodei Clima 4.0 é un claro exemplo de colaboración e entendemento entre tres entidades de comunidades autónomas moi diferentes, con distintas culturas, distinta lingua, idiosincrasia e distinto clima, poñendo en evidencia que as diferenzas culturais e ambientais enriquecen o traballo colectivo.
LIÑAS DE TRABALLO
Tres ámbitos clave
01/03
Industria 4.0
Sensorización, datos e automatización aplicadas á climatización. Lecturas en tempo real, ML e optimización enerxética.
02/03
Conectividade KNX
Bus estándar de control para edificios intelixentes. Integración con cloud, móbil e xestión remota.
03/03
Mantemento experto
Diagnóstico preditivo, eficiencia enerxética e posta en marcha profesional de instalacións HVAC.
